A sexualidade das persoas con enfermidade renal crónica a debate onte en Lugo
A Federación Alcer Galicia impartiu un taller sobre sexualidade para
persoas con ERC e as súas parellas a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns.
O pasado xoves 22 de un obradoiro sobre a sexualidade das persoas con enfermidade renal, impartido polo sexólogo Alfredo Saborido co obxecto de visibilizar o impacto que a patoloxía ten sobre a sexualidade das persoas que padecen enfermidade renal en calquera dos seus estadios ou tratamentos renais substitutivos. Abordáronse aspectos como necesidade da figura do profesional da Sexoloxía poda ser un referente na intervención integral da persoa, as dificultades máis frecuente na sexualidade afectada pola cronicidade e e posibles vías de actuación e aspectos ater en conta coas persoas afectadas e as súas parellas, centrándose sempre nas súas individualidades.
O obradoiro tivo unha duración de 4 horas e se levou a cabo na tarde onte no Parque infantil de tráfico de Lugo a través da delegación desta provincia de Federación Alcer Galicia.
Federación Alcer Galicia
A federación Alcer Galicia engloba ao conxunto de Asociacións de Loita Contra as Enfermidades do Ril Alcer da Coruña Lugo Ourense e Pontevedra que teñen por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica.