Coñécenos

A Federación Alcer Galicia (FAG en diante) que ten entre o seu obxectivo básico a mellora da calidade de vida das persoas que padecen enfermidade renal crónica (ERC en diante) e garantir a igualdade no acceso aos servizos socio-sanitarios.

Nace a comezos dos anos 90 a raíz do esforzo das entidades Alcer provinciais de Galicia; A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. No 2015 retoma a súa actividade, aumentando o grao de representatividade, así como servizos como os de nutrición e de psicoloxía.

A FAG está composta polas catro asociacións provinciais Alcer da Comunidade Autónoma de Galicia e as súas delegacións, que están integradas por persoas con enfermidade renal en calquera dos seus estadios ou dos seus tratamentos renais substitutivos (diálise ou transplante).

A FAG conta cun programa específico de atencións menores con ERC, o programa Medro con Alcer que atende as necesidades psico-sociais de menores con ERC e das súas familias. Este nace coa  intención de facilitar os procesos da ERC que sofren as persoas menores, en calquera dos seus estadios, e dar apoio ás   familias.

A mellora da calidade de vida das persoas que padecen enfermidade renal crónica (ERC) e garantir a igualdade no acceso aos servizos socio-sanitarios é o noso fin último e para elo dende esta Federación lévase a cabo un traballo ao longo do ano de forma desinteresada para acadar os seguintes obxectivos:

    • Representar as asociacións de pacientes con enfermidade renal.
    • Reivindicar e pedir o cumprimento dos dereitos como pacientes das persoas con ERC.
    • Potenciar espazos de desenvolvemento educativo, para persoas con ERC nas cuestións que lles afectan:  ámbito laboral, nutricional, social, familiar,…
    • Organizar  actividades de ocio e tempo libre que promovan a cohesión do colectivo.
    • Desenvolver xornadas ou encontros nos que as persoas con ERC coñezan os beneficios da práctica de actividade física e de levar hábitos de vida saudables
    • Servir de referente ás persoas con ERC, en calquera dos seus estadios. As consulta ERCA nos servirán de achegamento a unha parte do colectivo e as do seu entorno.
    • Levar a cabo programas de educación en materia de doazón e transplante.
    • Representar as demandas das asociacións ante a Administración pública de forma que se preserven os dereitos.
    • Crear espazos de formación continua para as asociacións membros da Federación.
    • Implementar estudos e investigación que facilite o traballo posterior, así como a mellora da calidade de vida das persoas con ERC.
    • Aproveitar os recursos de cada asociación en valor dos obxectivos sinérxicos común