Nutrición
Dende o servizo de nutrición de Alcer promovemos, protexemos e recuperamos a saúde nutricional dos usuarios. O dietisa-nutricionista da federación, traballa
en conxunto co resto de profesionais sanitarios de Alcer e en colaboración coas diferentes unidades de nefroloxía de Galicia para lograr así unha mellora global na saúde das persoas, tanto nutricional, física, mental, emocional como económica.
Dende Alcer Galicia ofrecemos a posibilidade aos usuarios das unidades de diálise e enfermos renais de Galicia de ter contacto directo coa nutricionista se así o demandan ou o precisan.
En que te pode axudar o dietista-nutricionista?
-Explicación das pautas de alimentación en patoloxía renal, tanto en ERCA, en diálise como en transplante.
-Explicación das pautas de alimentación de outras patoloxías asociadas á patoloxía renal: diabetes, hipertensión, nefropatía diabética, cáncer de ril,
poliquistosis renal, etc.
-Interpretación de probas analíticas de sangue e mellora dos resultados a través dos aspectos nutricionais.
-Elaboración de menús (adaptados á patoloxía, á persoa, a situación socioeconómica, etc..)
-Fomento de hábitos de vida saudables.
-Educación nutricional ( lectura de etiquetado, comparación de produtos, axuda organizativa na compra semanal, axuda organizativa dun plato… etc)
-Resolución de dúbidas nutricionais.
Ademais, o dietista-nutricionista da federación tamén realiza talleres de cociña adaptados á enfermidade renal nos cales aprenderás de xeito lúdico nocións
de alimentación en patoloxía renal.