Día mundial do ril
O segundo xoves do mes de marzo se celebra o Día Mundial do Ril. Esta celebración baséase en dar a coñecer á poboación todos aqueles aspectos que teñen que ver coa saúde renal, tantas veces descoñecida. Achegr a todos os grupos de poboación as formas que temos de poder saber en que estado se atopan os nosos riles é o obxectivo fundamental deste día.
É necesario destacar que a Enfermidade Renal Crónica ten ido en aumento nos últimos 10 anos nun 30 % e ten unhas cifras importante de infradiagnóstico, é dicir, de persoas que non saben que teñen os seus órgnos de filtrado afectados.
Sempre será necesario recodar á poboación:
- Coidar e revisar a tensión arterial
- Coidar o consumo de azúcar e revisar os seus niveis en sangue.
- Favorecer a práctica de exercicio físico e evitar o sedentarismo.
- Levar unha alimentación sana e equilibrada, evitnaod especialmente o consumo de alimentos ultraprocesados.
- Non fumar nin beber alcol.
- Non automedicarse, todas as medicacións deben de ser prescritas por un facultativo médico.