Curso sobre a Discapacidade e a Dependencia na Enfermidade Renal
A Federación Alcer Galicia impartiu este curso para persoas con ERC, a súa contorna e poboación en xeral a través da Escola Galega de Saúde para cidadáns, o 24 en Lugo
O 24 de maio realizouse o curso sobre Discapacidade e Dependencia para persoas con enfermidade renal e poboación en xeral, foi impartido pola Traballadora Social de Alcer Lugo: Uxía Calvo Rodríguez. Os obxectivos do curso e que as persoas que acudiran coñeceran todos os procesos para conseguir o grao de discapacidade e tamén o de dependencia, tamén os beneficios e recursos que estes con levan entre outras moitas cousas.
O obradoiro tivo unha duración de 4 horas e levouse a cabo na Aula Infantil de Tráfico non parque de Frigsa en Lugo a través da delegación desta provincia de Federación Alcer Galicia.
Federación Alcer Galicia
A federación Alcer Galicia engloba ao conxunto de Asociacións de Loita Contra as Enfermidades do Ril Alcer da Coruña Lugo Ourense e Pontevedra que teñen por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal crónica.