A Universidade da Coruña, en colaboración con Nefrotrein, ACoM, a Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física e a Federación ALCER Galicia, organiza a 2ª edición da Microcredencial Universitaria “Prácticas Motrices na Enfermidade Renal Crónica”.

Esta formación nace co obxectivo de ofrecer unha preparación especializada no ámbito da actividade física e o exercicio aplicado ás persoas con enfermidade renal crónica, contribuíndo a ampliar os coñecementos e as ferramentas dos profesionais e persoas interesadas neste ámbito.

A microcredencial desenvolverase do 5 ao 20 de febreiro de 2027, en modalidade 100 % en liña, e terá unha carga lectiva de 4 créditos ECTS.

📅 Prazo de preinscrición e matrícula

  • Preinscrición: do 30 de setembro ao 1 de novembro de 2026.
  • Matrícula: do 2 ao 11 de novembro de 2026.
  • Realización da formación: do 5 ao 20 de febreiro de 2027.

Desde ALCER Galicia animamos a todas as persoas interesadas no ámbito da enfermidade renal crónica, a actividade física e o exercicio a coñecer esta proposta formativa e aproveitar esta oportunidade de especialización.

👉 Consulta toda a información sobre o programa, requisitos e matrícula na web da microcredencial: nefrotrein-micro2027.weebly.com

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *