A Federación ALCER Galicia foi beneficiaria das subvencións da Xunta de Galicia destinadas ao fomento e á realización de actividades de voluntariado durante o ano 2026.

No marco desta convocatoria, correspondente ao procedemento BS508B, a Federación ALCER Galicia recibirá unha axuda de 1.141,94 euros destinada ao desenvolvemento do seu proxecto de voluntariado.

Esta subvención contribúe a apoiar e fortalecer o voluntariado e as actividades que se desenvolven desde a nosa entidade, favorecendo a participación e a colaboración das persoas voluntarias no ámbito da enfermidade renal.

Agradecemos á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude o apoio a este proxecto e, especialmente, a todas as persoas voluntarias que colaboran con ALCER e que fan posible o noso traballo.

Pódese consultar a resolución completa no Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260806/AnuncioG0766-290726-0001_gl.html

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *