A aquelas persoas cuns órganos ou tecidos que presentan unha alteración grave e irreversible da súa función, que non é reparable mediante medicamentos nin ningún outro tipo de tratamento cirúrxico habi- tual.

O organismo humano ten un sistema de defensa contra calquera organismo estraño, ao que ataca produ- cindo anticorpos. As medicinas inmunosupresoras son medicamentos que fan que o organismo diminúa a produción dos anticorpos para que non ataquen o órgano transplantado. A súa función é impedir o rexeitamento.

Para o ril, o normal son 24 horas, aínda que é posible que funcionen tras conservación en frío ata 36 horas; fígado e páncreas, ata 12 horas e pulmóns só pode manterse durante unhas 6 horas. En calquera caso, é preferible transplantar o antes posible.

Os tecidos teñen un mantemento diferente e algún pódense ultraconxelar e manterse viables durante anos. Estes intervalos son moi importantes para conseguir seleccionar ó mellor receptor de entre todos os que esperan e que, en ocasións, se encontran noutros hospitais a moitos quilómetros de distancia.

Os transplante de órganos non teñen unha duración ilimitada.

É moi variable dunhas persoas a outras. En calquera caso, o tempo medio de funcionamento dun ril transplantado é de arredor de 10 anos, cunha boa calidade de vida xeral para os pacientes.

Logo do fracaso dun primeiro enxerto, é posible realizar un segundo ou terceiro transplante, e ata un cuarto.

As supervivencias actuais máis prolongadas cun mesmo órgano transplantado son: ril (33 anos); fígado (26 anos); medula ósea (22 anos); corazón (21 anos); páncreas (17 anos), e pulmón (11 anos).

Sempre é o ril o transplante máis demandado porque, a diferenza do que ocorre cos órganos vitais (fígado, corazón e pulmón), que de non conseguirse nun prazo determinado conducen á morte do enfer- mo, os pacientes en diálise poden permanecer durante moitos anos en espera dun transplante, e, afortu- nadamente, cunha calidade de vida crecente.

En España, son uns 4.000 os enfermos renais en espera dun transplante e son arredor dos 2.200 os que o conseguen anualmente.

Ao final de cada ano, en España esperan un ril 4.000 persoas, un fígado 600, un corazón 80 e pulmón 100.

Hai que garantir que se cumpran os principios de igualdade e equidade na distribución de órganos. Nos criterios de distribución existen dous aspectos fundamentais: os territoriais e os clínicos.

Os territoriais permiten que os órganos doados nunha área ou zona se transplanten nesa mesma área para diminuír o tempo desde o falecemento da persoa e o momento do transplante do órgano.

Nos criterios clínicos, contémplase a compatibilidade doador/receptor e a gravidade do paciente. Existe un criterio clínico que está por riba dos criterios territoriais, a “urxencia 0”. Un paciente en “urxencia 0”, ten prioridade absoluta en todo o territorio nacional. Se non hai “urxencia 0”, os órganos asígnanse res- pectando os criterios territoriais. Estes criterios son revisados e actualizados periodicamente.